PRODUCIÓNS
As nosas creacións están baseadas en textos de autores contemporáneos e propios, abordando temas sensibles desde unha perspectiva onírica, fresca e arriscada. Utilizamos o absurdo e o humor como medios para concienciar. Exploramos o corpo e a voz do actor en conxunto con linguaxes como a música e o audiovisual. O vestiario actúa como eixo central da escenografía, todo co obxectivo de crear un espazo escénico envolvente e poético.